Combinadas con este sabor xenuíno, todas as comodidades actuais estarán ao seu servizo.
Así, o Pazo dispón de 1 cuarto dobre especial e 12 cuartos dobres, todas elas con baño completo, televisión e teléfono.
Os amplos espazos comúns, con dous comedores e tres salóns interiores e un exterior, permiten, ademais do descanso, organizar reunións de empresas, congresos, presentacións e eventos de ata 230 persoas. Na casa pódese gozar dun almorzo buffet con gran variedade de doces caseiros, fiambres propios e froitas da horta… Así como unha cea, con gastronomía tradicional desta rexión do interior galego.
O recinto amurallado que rodea a casa acolle viñedos e xardíns con máis de 10.000 m2, formando un marco idóneo para o descanso e goce da natureza. Nas súas proximidades, piragüismo e diversas posibilidades de turismo activo. Os clientes do Pazo poden gozar dun campo de golf de 18 foxos situado a 5 km. en Augas Santas e dun campo de golf de 9 foxos situado a 12 km. en Monforte.
A casa conta con wifi e aparcadoiro gratuítos, servizo de lavandería e admite animais.
A casa dispón dun pavillón de cristal realizado con financiamiento público, de acordo á resolución do 23 de decembro de 2022.
Tarxetas de crédito | Conexión a internet | Complementos de aseo | Admite animais (previo aviso) |
Salón común | TV en habitacións | Lavado de roupa | Café-bar |
Salón de reunións | Capela | Alquiler de bicicletas | Parking |
Biblioteca | Restaurante | Xardín | Actividades Agropecuarias |
Sala de TV | Camas supletorias | Sala de Xogos |