982460627
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O conxunto orixinal en forma de «L» amplíase a finais de 1700, dándolle a toda a construción a imaxe propia do século XVIII. No seu acceso desenvolveuse entón un gran patio, situándose ao seu ao redor o conxunto das distintas dependencias agrícolas, en torno ao cal se articulou a actual aldea de Rosende ao transformarse en praza.

Por outra banda, na parte posterior creouse un patio empedrado pechado por un austero edificio que albergaba as cabalerías. O edificio restaurouse mantendo integramente a súa construción orixinal con grosos muros de granito, con chans de centenarios taboleiros de castiñeiro sobre sólidas vigas, e teitos formados por rústicos artesanados de madeira.

Con idénticos criterios conservouse o mobiliario orixinal do Pazo, o cal proporciona unha autenticidade única que nos transportará a un inesquecible ambiente dieciochesco: a capela, a solaina, a lareira, xunto ás amplas adegas, entre outros recunchos, mostran ao visitante a nobreza e os encantos desta casa case detida no tempo.

Logo Kit Digital. Red.es y financiado por la Unión Europea